BNG e Ana Pontón continúan sumando apoios sociais

GALIZA | Máis de 1.000 persoas asinaron xa un novo Manifesto de soporte ás candidaturas nacionalistas feito público na tarde deste sábado (18). Vén sumarse ao que fora feito público hai tres semanas promovido por persoas independentes que pedían  o voto para BNG-Nós.

Rianxo

Máis de medio millar de persoas referenciais de diferentes ámbitos, do activismo social ao mundo da cultura, do sindicalismo ao ecoloxismo, do feminismo á universidade, apareceron este sábado como asinantes iniciais dun manifesto de apoio ás candidaturas do BNG-Nós, encabezadas por Ana Pontón. Vintecatro horas despois o Manifesto supera xa as 1.000 asinaturas.

As persoas asinantes afirman que a Galiza precisa abrir un tempo novo, un tempo “que deixe atrás as políticas impostas, que nos prexudicaron como nación e nos empobreceron como pobo” e salientan que para iso é necesario mudar radicalmente “as causas primeiras e estruturais dos nosos problemas para podermos construír un presente e un futuro diferente, de liberdade e de prosperidade”.

Subliñan que non se trata tan só de xestionar mellor, senón de actuar ao servizo do pobo galego “con valentía, con determinación, mudando todo o preciso, a comezar por un marco político constitucional que nega os dereitos da nosa nación e impide o noso desenvolvemento como sociedade”.

Destacan tamén que o BNG sempre estivo pronto a defender os intereses do País e que non se limitou “a ser un simple elemento corrector das políticas nocivas do Estado español e da Unión Europea” senón que sempre ofreceu alternativas “sempre deu solucións factíbeis, sempre propuxo obxectivos de alcance para mellorar a situación laboral, social, cultural de nós, galegas e galegos”.

Finalizan as persoas asinantes manifestando o apoio ás candidaturas do BNG e á candidata Ana Pontón e asegurando que o novo tempo que precisa a Galiza só pode ser construído desde aquí, con decisión, con soberanía “e coa inmensa forza do noso amor por Galiza”.

Na nómina de asinantes figuran escritores como Ramón Caride Ogando, Manuel Lourenzo Gonzáles, Nacho Taibo, Medos Romero, Cesáreo Sánchez Iglesias, Ramón Nicolás, Xavier Queipo ou Afonso Álvarez Cáccamo. Sindicalistas agrarios como Manuel da Cal, Xurxo Álvarez ou Elías Somoza. Activistas ambientais como Fins Eirexas, Froilán Pallín ou Manuel Domínguez. Activistas na defensa dos animais como Ana Pintos, Ángela Ferro, Isabelle Kerdudo ou Susana Punxín. Artistas como Leandro Lamas, Kiko da Silva, O Carrabouxo, Alfredo López ‘Tokio’ ou Mónica López Alonso. Músicos e cantores como Xaquín Xesteira, Marcos Paino, Xosé Carlos Seráns, Antón Castro, Francisco Amil, Paco Charlín, Tino Vaz ou Xurxo Souto.

Entre as persoas asinantes destaca unha extensa relación de presidentes e integrantes de Comités de empresas de todo o País como Isabel Moares (112), Manuel Pozo (EGATEL), Milton Pérez (Hospital San Rafael), Pilar López (limpeza Hospital Clínico), Rubén Ramos (COAGA), Alberto Amado (Einsa), Alejandro Mallo (CELSA ATLANTIC), Ana Guerreiro (Arteixo TELECOM), Carme Muíño (Conservas CALVO) ou Rodolfo Fernández (Navantia).

Cabe lembrar que hai tres semanas foi feito público outro manifesto, promovido por persoas independentes, por medio do cal expresaron o apoio ao BNG 164 persoas referenciais de diferentes ámbitos, especialmente do mundo da cultura e do activismo social. Entre as persoas asinantes dese manifesto figuraban Xabier P. Docampo, Carlos Quiroga, Margarita Ledo, Adela Figueroa, África Leira, Pepe Carreiro, Antón Riveiro Coello, Anxos Sumai, Vítor Vaqueiro, Isaac Alonso Estraviz, Ramóm López Suevos, Francisco Sampedro, Francisco Pillado, Helena Pérez ou Antonio Oca.

O Manifesto esta disponíbel para ser asinado por quen quixer sumarse ao apoios ao BNG-Nós. ASINAR

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s