Ana Pontón, disposta á insubmisión diante das leis inxustas “que causan dor e sufrimento”

Rianxo

GALIZA | “Se tiver a honra de ser presidenta da Galiza nunca, nunca permitirei antepor o control do déficit á vida das persoas e aos seus dereitos. E se me inhabilitasen porque prefiro pagar un medicamento que salva vidas en vez de pagar o déficit cero de banqueiros ruíns,  recibiría ese castigo como o mellor premio que pode ter a presidenta dunha nación”, garantiu a candidata nacionalista.

Nun Auditorio de Rianxo ateigado de xente, no acto de arranque da campaña do BNG-Nós, Ana Pontón foi contundente á hora de estabelecer as prioridades da proposta do nacionalismo. Os dereitos sociais e nacionais, primeiro, mesmo até se for preciso practicar a insubmisión diante de leis “que causan dor e sufrimento e prexudican a vida das persoas”.

A candidata nacionalista denunciou a inutilidade do actual sistema autonómico e apostou nunha mudanza que signifique que a Galiza teña capacidade real de decidir para resolver os problemas de fondo. “Poder político para decidir na economía produtiva, para xerar emprego, elevar os salarios e as pensións, blindar os servizos públicos, recuperar á mocidade emigrada e para defender a lingua e cultura”, salientou.

Ana Pontón enfatizou que estamos “nunha situación de emerxencia que require algo máis que parches ou un simple cambio de xestores”. Por iso, apelou a crer no País como a mellor maneira de apostar en que as galegas e os galegos “vivamos e traballemos con dignidade aquí e sexamos cada vez máis libres. Libres para non ter que aturar salarios de miseria, libres para non ter que emigrar, libres para decidir a quen amar, libres para non ter violencia de xénero, libres para pasar a páxina dos recortes”.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s