Activistas independentes manifestan apoio ao BNG

 

TempoGALIZA | Un grupo de máis de 160 persoas, conformado por activistas e nomes referenciais de distintos ámbitos, todas elas independentes,  lanzaron nesta segunda feira (29) un Manifesto en que expresan o apoio á candidatura de BNG-Nós e a Ana Pontón nas próximas eleccións galegas.

O manifesto, que leva por título Avante Galiza! salienta a aposta estratéxica do BNG pola soberanía “como un horizonte posíbel e necesario” que debe ser produto “do esforzo e do compromiso maioritario do Pobo Galego”. Destacan tamén teren a certeza de que en ningún caso a representación conseguida “permitirá, se dela depender, por activa ou pasiva, a continuación no goberno da Xunta do Partido Popular e do seu candidato”.

En comunicación aos medios, as persoas promotoras do manifesto sinalaron actuar por iniciativa propia “sen que houbese petición de parte”, acrecentando que a súa independencia partidaria e a non militancia orgánica “non significa, porén, neutralidade en absoluto. Como o texto reflicte nidiamente facemos unha aposta concreta, por un programa e unhas candidatas e candidatos concretos, as e os do BNG”.

Entre os nomes que asinan o manifesto están os de África Leira, Antón Riveiro Coello, Antonio Oca Fernández, Anxos Sumai, Carlos Quiroga, Catuxa Irago, Elvira Souto, Francisco Pillado, Francisco Salinas, Francisco Sampedro, Helena Pérez, Inácio Martínez Orero, Joám Lopes, José Maria Monterroso Devesa, Leandro Lamas, Lois Ríos Paredes, Marcial Gondar, Margarita Ledo,Martinho Montero Santalha, Miro Villar, Pepe Carreiro, Pepe Penabade, Ramóm López Suevos, Sabela Álvarez Núñez, Xavier P. Docampo ou Xurxo Souto.

Vexa aquí a listaxe completa de asinantes

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s