BNG rexeita como antidemocrática a exclusión de Otegi en canto Villares (En Marea) a xustifica

INTERNACIONAL | “O Estado evidencia que ten medo do avance do soberanismo” di o BNG. Luís Villares é categórico: “(a condena de Otegi) ten unida unha pena de inhabilitación que lle impide concorrer ás eleccións, iso debe ser acatado sen ningún tipo de dúbidas”.

Após se coñecer a decisón da Xunta Electoral de impedir a Otegi concorrer como candidato, o Bloque nacionalista Galego emitiu un comunicado en que manifesta “a solidariedade coa coalición independentista basca EH Bildu e co seu candidato á Lehendakaritza”.

“Impedir a participación de Otegi é tanto como negar a democracia”

O BNG denuncia que non se trata dunha cuestión de legalidade, senón que “entra de cheo no debate político e na obscena relación que existe no Estado Español entre poder político, económico e xudicial”. Para a frente nacionalista, tal e como acontece no caso do proceso independentista catalán, “o Estado manexa ao seu antollo, con diversos graos de interferencia segundo a conxuntura, un sistema xudicial que naceu de forma ilexítima e que non se desenvolveu nunca de maneira neutral nin independente”.otegi BNG.png

Para o BNG a actuación contra a esquerda atbertzale enmárcase nunha longa traxectoria de medidas de recortes de dereitos e liberdades  “que só aplican o discurso e a axenda da dereita española” e na que tamén colocan iniciativas como a Lei de Partidos “e as consecuentes ilegalizacións de distintas formacións, a Lei Mordaza, as detencións e procesos por delitos de opinión, a conspiración do ministro de Interior contra as formacións independentistas, etc…”

Conclúe a formación nacionalista que “impedir a participación de Otegi é tanto como negar a democracia”. Mais tamén xulga que con esa decisión “o Estado evidencia que ten medo do avance do soberanismo e que o voto ao nacionalismo é o que realmente lles preocupa” e remata reafirmando o compromiso do BNG coa “defensa de todas as liberdades, da democracia, da soberanía da Galiza e do dereito dos pobos a escoller libremente o seu destino”.

“Otegi debe cumprir a pena de inhabilitación”

Pola súa parte, o candidato de En Marea, Luís Villares manifestouse taxativo nunha entrevista publicada no día 19 polo diario El Mundo. Preguntado sobre a posíbel exclusión de Otegi, afirmou: “Eu opino que as resolucións xudiciais están para cumprilas, entón, se unha persoa despois de cumprir a súa pena de prisión ten unida unha pena de inhabilitación que o impide de concorrer ás eleccións, iso debe ser acatado sen ningún xénero de dúbidas”.

Villares insistiu en que se os tribunais determinan que a inhabilitación inclúe a imposibilidade de se presentar “todo o mundo terá que asumir iso. Otegi debe cumprir a pena de inhabilitación que no seu caso lle reste por cumprir”.

Preguntado de novo na cuarta feira, unha vez coñecida a decisión da Xunta Electoral, Villares reiterou que “as persoas que están inhabilitadas por unha condena penal a presentarse ás eleccións non poderán facelo” e apenas acrecentou que a decisión “é recorríbel”.

“É unha decisión política e antidemocrática”

Nada máis ser feita pública a exclusión de Otegi, a candidata do BNG, Ana Pontón, emitiu un twit de crítica á decisión: “Impedir q se presente é unha decisión política e antidemocrática.Semella q no Estado Español non queren a paz en Euskadi”.

ana otegi

Tamén emitiron comunicados de rexeitamento a Unión do Povo Galego e o Movimento Galego ao Socialismo. A UPG considera que o obxectivo principal do aparello do Estado é “tentar frear o avance do nacionalismo e do soberanismo por ser o verdadeiro elemento de ruptura política e de cambio real que pon en cuestión o rexime político español”.

Pola súa parte o MGS afirma que o Estado Español “non é democrático, e modula a súa actuación en función das súas necesidades, o que inclúe se é preciso a ilegalización de partidos, a persecución policial e xudicial de movementos políticos”.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s