Néstor Rego: “Proclamamos a fidelidade á causa do povo e da independencia nacional da Galiza”

12a2016

GALIZA | No acto de homenaxe da Unión do Povo Galego a Moncho Reboiras, realizado neste 12 de agosto en Ferrol, Néstor Rego defendeu o nacionalismo como a única forza que “coloca no debate electoral a soberanía como horizonte estratéxico, a necesidade imperiosa de podermos decidir sobre o noso” e, por  tanto, tamén a “única garantía” para a mudanza real.

O Secretario Xeral da UPG comezou afirmando que o nacionalismo “está pronto para dar a batalla política na sociedade galega e para asumir con decisión os retos inmediatos e futuros” e engadiu que o está porque “non é un produto de enxeñaría política ou mercadotecnia electoral, senón a expresión da vontade do pobo galego de ser libre, de segurarmos coas nosas mans as rédeas do noso futuro, de exercermos como nación no mundo e de construírmos unha sociedade nova, radicalmente democrática e realmente xusta, igualitaria e libre”.

A seguir, o dirixente nacionalista constatou que, fronte á defensa que o nacionalismo fai da soberanía, o resto das forzas políticas coinciden na defensa dos “piares básicos” do actual rexime político español. “Xa sabemos do entusiasmo pro Constitución do vello sucursalismo PP/PSOE, formalmente autonomista. Ao que parece tamén o novo se apunta á defensa da Constitución española, elevándoa á categoría de ‘imperio da lei’, e do marco autonómico, reducindo os nosos problemas sociais e económicos como pobo a unha cuestión de má xestión por parte de Feijoo e o Partido Popular. O colofón é que a soberanía da Galiza non é necesaria. Se alguén dubidada aínda sobre cales eran as diferenzas co proxecto do nacionalismo, acaban de trazalas eles propios con absoluta claridade”, subliñou.

12arua

Ofrenda floral na Rúa da Terra, onde Reboiras caeu asasinado

Rego lembrou que o nacionalismo galego “rexeitou no seu día a Constitución española porque consagraba un rexime inxusto que ademais mantiña a nosa nación na submisión e na dependencia, en canto a totalidade do españolismo -da dereita posfranquista á esquerda carrillista- apoiaba unha norma que consagraba, para alén do capitalismo e da monarquía, un sistema autonómico que xa Castelao cualificara de inadecuado e inxusto para a Galiza”. E engadiu que o nacionalismo “continúa cuestionando esa Constitución que é o principal sostén normativo dun sistema cruel e corrupto que nos nega a capacidade de decidir como povo e nos empobrece como persoas”.

Salientou tamén o dirixente nacionalista que só o BNG está a presentar no seu programa electoral “propostas tácticas” que xulgou perfectamente veríficábeis neste momento “mais que, se se executasen, representarían unha mudanza importante e abrirían novas vías para o futuro”. Entre elas destacou a defensa dun sistema de Concerto económico co Estado, a creación dunha Facenda galega con capacidade normativa, a eliminación das subvencións ao ensino concertado ou unha  política exterior propia “entre outras cousas para negociar directamente acordos económicos con terceiros países ou para podermos aproveitar o inmenso potencial neste ámbito do mundo lusófono”.

12adeb.jpg

Debate na Quinta da Cortiña (San Sadurniño)

O Secretario Xeral da UPG garantiu que o Partido e o nacionalismo están prontos “para enfrontar ese reto (das eleccións) e todos os que viñeren por diante, por moi difíceis que foren” e resaltou que o único compromiso que manteñen “é coa Galiza e co povo traballador galego”. Rego finalizou afirmando recoller o exemplo de Reboiras “de traballo incansábel na autoorganización do povo galego” e proclamando “a fidelidade á causa do povo, da soberanía e da independencia nacional á que o noso camarada entregou a súa vida”.

O texto completo do discurso pode lerse no dixital Sermos Galiza: Nacionalismo, única garantía de mudanza real

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s