Luís Villares (En Marea) asume o autonomismo e defende a Constitución española

Luis-villares--620x349

GALIZA | Na primeira entrevista pública como candidato de En Marea, Luís Villares fixo causa de deixar claro que o seu proxecto non é nacionalista ao asegurar que defende unha Galiza “entendida como nación pero que non busca a superación do marco constitucional”. Preguntado pola soberanía da Galiza, engadiu: “Nin se dan as circunstancias nin hai necesidade”.

Mais non ficou aí. A seguir, afirmou categórico: “Para min a Constitución é o imperio da lei. Dentro da lei, todo. Fóra da lei, nada”. O discurso do candidato Villares arromba definitivamente non só calquera intento de lle dar un perfil pro-nacionalista a en Marea, senón tamén a vixencia do chamado ‘rupturismo’. Xa Podemos pasara en poucos meses do discurso de ‘abrir o cadeado de 78’ ao de ‘reformar a Constitución para mellorala’. Agora o candidato de En Marea dá unha volta de rosca máis facendo unha defensa explícita da Constitución española.

A aposta no autonomismo tamén é clara. Após marcar distancias co nacionalismo, mesmo no plano persoal -”estiven nunha organización estudantil nacionalista hai 15 anos”- o candidato da Marea non só afirma que non hai necesidade da soberanía senón que asegura que existe marxe para “avanzar no autogoberno” desde o marco autonómico pois o problema é que “tendo competencias en Galicia, non houbo un exercicio correcto delas”. Villares pasa por riba da situación de dependencia económica e política da Galiza e das consecuencias que iso ten na nosa realidade social e económica para reducilo a unha cuestión de mala xestión do Partido Popular.

O argumento da xestión fora xa utilizado no acto en que anunciou a candidatura, enfatizando que se presentaba para “acabar cos malos xestores”. Esta afirmación foi xa motivo de polémica nas redes sociais nese mesmo día, con internautas a criticar que a visión de Villares se aproximaba máis á dun tecnócrata que á dun candidato da esquerda, como se o problema non fose de políticas antisociais e antigalegas, ditadas desde Madrid ou Bruxelas, e si de incompetencia dos gobernantes.

Todo indica que o discurso que Villares vai imprimir a En Marea quere marcar distancias co BNG, única forza nacionalista que se presenta a estas eleccións, mais aproxímao de forma evidente -e é posíbel que desconcertante, polo menos para parte do seu electorado dos últimos meses- ao PSOE, defensor igualmente do autonomismo dentro da Constitución española. De facto, esta cuestión motivou tamén unha pregunta recorrente nas redes: Afinal, para alén da retórica característica da ‘nova política’, cal vai ser a diferenza real entre En Marea e PsdeG-PSOE?

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s