Demostración de forza do BNG cunha mobilización masiva no Día da Patria

Quintana 4

GALIZA | ‘Galiza viva. Soberanía e traballo’ foi o lema que escolleu o BNG para convocar un Día da Patria en que quería demostrar que o nacionalismo é unha forza viva, que mantén intacta a capacidade organizativa, de mobilización e de loita pola soberanía da Galiza. E conseguiuno, xuntando 15.000 persoas na Praza da Quintana.

Coa vista posta nas próximas eleccións galegas, a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu a necesidade de a Galiza contar con forzas políticas propias, que actúen en defensa do País sen dependencias de ninguén. “Sei ben que estamos nun momento complexo, que require confianza e unidade, capacidade para recoñecer erros e man tendida a todas e todos os nacionalistas. Mais as dificultades non quitan razóns. Cada día que pasa teño máis convencemento de que precisamos forzas políticas propias. Porque sen pobo autoorganizado non hai proceso de autodeterminación”, garantiu.

Nun discurso emotivo, mais con forte carga política, Ana Pontón destacou a fortaleza do BNG como expresión da vontade de o povo galego existir como nación e subliñou que a frente nacionalista non é  ” nin unha moda, nin un invento do IBEX 35, nin un produto da teletenda. O BNG é froito desta terra e temos proxecto de país alternativo!”.

A dirixente nacionalista apelou á militancia do BNG para traballar “desde xa” nas eleccións galegas do outono, “para encher as urnas de votos ao BNG para derrotar a Feijóo e darlle un cambio a este país”. “E para cambiar Galiza -salientou Ana Pontón- precisamos un proxecto nacionalista, non un corta e pega escrito desde Ferraz ou desde a Complutense. Un proxecto baseado no autogoberno, que entenda que a capacidade real de decidir é a chave para construír un país moderno, de progreso e de benestar”.

Tamén no Día da Patria, Anova reuniu apenas un cento de persoas no Parque de Galeras, e Compromiso por Galicia outras tantas no do Restollal. No entanto, algúns medios do sistema deron máis relevancia ás 100 persoas que xuntou Beiras que ás 15.000 que mobilizou o BNG. Con todo, as imaxes dunha Praza da Quintana ateigada de xente falan por sí soas.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s