Todo indica que Anova voltará a se integrar no grupo de Podemos

AFGALIZA | Segundo informacións recollidas por diversos medios de fontes de Podemos, será mantida no esencial a estrutura do grupo parlamentar constituído após as eleccións de 20 de decembro. A novidade é Alberto Garzón (IU) como ‘adxunto’, cargo que tamén sería atribuído de novo a Alexandra Fernández (Anova), durante seis meses.

A pesar das veladas ameazas públicas, que terían por obxectivo marcar o territorio despois de que o pacto IU-Podemos colocase como máis marxinal o papel de Anova dentro de En Marea, todo parece indicar que a formación de Beiras se integrará de novo no grupo parlamentar de Podemos. Fontes do partido de Pablo Iglesias sitúan xa Alexandra Fernández como ‘portavoz adxunta’ durante os primeiros seis meses en representación de En Marea. O cargo pasaría despois a Antón Gómez Reino (Podemos) e a Yolanda Díaz (IU).

Após a perda de máis de 66.000 votos na eleccións de 26 de xuño, diversas voces criticaron publicamente o ‘centralismo’ de Podemos e o ‘sucursalismo’ de En Marea. Beiras chegou a culpar a Podemos do mal resultado electoral. Mais a crítica máis forte realizouna Lidia Senra, eurodiputada nas listas de Izquierda Unida, que chegou a comparar a actitude de En Marea-Podemos co “españolismo de sempre”.

Nunha entrada no se Facebook no día após as eleccións, Lidia Senra afirmou que “un dos factores máis importantes para estes resultados foi que erraron cando decidiron impoñer que non se explorara ningunha nova fórmula para ter grupo propio no Congreso e tamén, intensificando o desembarque “triunfal” de líderes e lideresas españolas que, aínda que en clave moderna, nada tiña de diferente coas campañas habituais do españolismo de sempre“.

Con todo, e a pesar dunhas críticas que reflicten o descontento pola crecente marxinación de Anova dentro do espazo liderado por Pablo Iglesias, tanto Beiras como Lidia Senra pronunciaronse a favor de ‘manter a unidade popular’, quer dicir, a alianza dirixida por Podemos, de cara ás eleccións galegas. Nese sentido, hai que entender a decisisón de se integrar no grupo parlamentar de Pablo Iglesias. A posición seguidista de Anova contrasta coa de Compromís que xa anunciou que -ao igual que fixera na ocasión anterior- os seus 5 deputados e deputadas irán ao Grupo Mixto para manteren a autonomía na actuación.

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s