BNG convoca acto contra a OTAN e o TTIP diante do Foro España-EE.UU.

OTAN

GALIZA | Esta fin de semana (sexta, 17 e sábado, 18) vai ter lugar en Santiago de Compostela o XXI cumio do Foro España – Estados Unidos, con presenza de cargos políticos, militares e representantes empresariais de ambos os Estados. Diante deste cumio, o BNG convoca un acto simbólico de protesta que se desenvolverá na sexta feira, día 17, ás 5 da tarde na Praza 8 de marzo (Porta do Camiño). No acto participará a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, e o candidato de BNG-Nós pola Coruña, Carlos Callón.

Nunha comunicación feita pública o Bloque Nacionalista Galego denuncia o permanente sometemento da posición do Estado español aos intereses norteamericanos, especialmente en dous aspectos “de crucial importancia”: a política militarista executada pola OTAN e o TTIP, actualmente en tramitación. O acto de protesta desenvolverase sob o lema OTAN NON, TTIP FÓRA!

O BNG aproveita a realización na Galiza desta reunión do Foro España-USA para “reiterar públicamente o rexeitamento aos tratados de libre comercio –TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e CETA (Acordo Económico de Comercio Global)- que a Unión Europea e os estados de América do Norte (EEUU e Canadá) están a negociar de forma opaca. Uns tratados que, se se aprobararen, terán unhas consecuencias moi negativas para as clases populares galegas, supeditarán o interese público aos intereses e beneficios das empresas multinacionais e provocarán un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos económicos, sociais e ambientais máis elementares”.

Afirma o BNG que este é tamén un momento oportuno “para voltar a expresar a posición do nacionalismo galego favorábel á paz mundial, ao respecto á soberanía dos pobos e á resolución pacífica, democrática e xusta dos conflitos internacionais. Por tanto, para reiterar a oposición do BNG á OTAN, ao militarismo e ás intervencións imperalistas comandadas polos EEUU que están a provocar guerra, destrución e o terríbel drama das persoas desprazadas e refuxiadas que estamos a vivir”

Na reunión do Foro en Compostela, que vai abordar asuntos que teñen a ver con ‘seguranza e economía’, participarán, entre outros, .Félix Sanz Roldán (Director do CNI español), Carlos Gómez López de Medina (Xeneral de División do Exército español), Tim Kaine (Senador dos EUA) e Richard Clarke, o que fora Directos do Consello Nacional de Seguridade dos Estados Unidos de 1998 a 2003.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s