Néstor Rego: “O noso obxectivo é a soberanía, a independencia da nosa nación”

congreso

GALIZA | No acto de encerramento do XIV Congreso da UPG, en que foi re-eleito Secretario Xeral, Rego defendeu a autoorganización e a confianza nas propias forzas como chave para o nacionalismo avanzar. “Desde 1916 o nacionalismo galego entendeu que a liberdade da Galiza depende exclusivamente de nós e pasa por organizar o noso povo”, afirmou.

O dirixente da UPG e membro da Executiva do BNG defendeu con vehemencia que o nacionalismo, embora pase por momentos difíciles, pode e debe sentir un lexítimo orgullo por todo o que leva construído. “Valoricemos o que levamos feito -alegou- porque, ademais, foi construído coas nosas mans, coas mans do pobo traballador galego, día a día, esforzo a esforzo, con entrega fiel e xenerosa, como dixo o poeta” [en referencia a Manuel María] . “Aquí non houbo nunca, unha burguesía galega, que asumise o seu papel de clase nacional, e -aínda que fose tan só no ámbito da lingua, da cultura, da identidade- usase os seus recursos económicos para facer País”.

Rego enfatizou que na Galiza foi o pobo quen “asumiu a responsabilidade de construír, con enormes sacrificios persoais, os instrumentos de autodefensa nacional e de intervención colectiva”. Por iso -subliñou- por pouco que nos pareza que brille, neste momento, no escaparate en que se expón a mercadoría electoral, debemos e podemos, lexitimamente, sentir un orgullo inmenso de todo o que levamos realizado”.

O dirixente nacionalista defendeu a necesidade de manter con firmeza a autoorganización do pobo galego como única garantía de actuar sempre con independencia de criterio en defensa dos intereses da Galiza. “Nunca ninguén de fóra nos regalou nada nin debemos tampouco esperar que o faga. O noso camiño non pasa por cifrar as nosas esperanzas como povo no que puideren decidir en Madrid ou no que acontecer na Puerta del Sol. Desde 1916 o nacionalismo galego entendeu que a liberdade da Galiza depende exclusivamente de nós e pasa por organizar o noso povo”, enfatizou.

Néstor Rego reivindicou o nacionalismo de hoxe como continuador da traxectoria de defensa do País iniciada hai 100 anos coas Irmandades da Fala e consolidada co Partido Galeguista de Castelao e Bóveda para, a seguir, lembrar os obxectivos estratéxicos do Partido. “Nós vimos de lonxe, mais tamén imos para lonxe. O noso obxectivo é a soberanía, a independencia da nosa nación, para podermos construír nesa Galiza soberana unha sociedade nova, realmente xusta, igualitaria, democrática e libre”, salientou.

Rego comezou e finalizou a intervención con versos de Manuel María, do libro Poemas para construír unha Patria. “Quero lembrar ao Manuel María poeta, ao activista, mais tamén ao patriota, ao camarada, ao militante sempre disposto a colaborar e a se comprometer. Teño a certeza de que o mellor tributo que podemos renderlle é o noso firme compromiso de continuarmos, co mesmo entusiasmo, coa mesma paixón que el puxo nas súas palabras, a traballar sen descanso para construír desde os alicerces

unha Patria nosa / nova / ceibe:

a Galiza popular / socialista

que nós soñamos

e queremos.

Venceremos!”, concluíu.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s