BNG enfronta eleccións como oportunidade para a Galiza recuperar a voz en Madrid

1 M Vigo.png

GALIZA | Ana Pontón critica a insensibilidade de Feijóo ante o drama do desemprego e lamenta que as auto-denominadas ‘forzas do cambio’ non tivesen aproveitado a súa maioría parlamentar para derrogar a contrarreforma laboral e a lei mordaza.

A Portavoz Nacional do BNG, que participou en Vigo  na manifestación convocada pola CIG con motivo do 1º de maio, salientou que coa repetición das eleccións xerais se abre a oportunidade “para que Galiza volva ter voz propia en Madrid e para ter capacidade real para suprimir todas as  reformas que deixan tiradas millares de persoas neste país”.

Pontón fixo un apelo a que “o espírito reivindicativo do 1º de Maio nos guíe o resto do ano porque non é soportábel un país onde as persoas teñen un emprego de mala calidade, cun salario que non lles permite nin chegar a mediados de mes”. A deputada do BNG lamentou que as forzas que se proclaman alternativas ao PP, que contaban con maioría parlamentar,  non tivesen derrogado a reforma laboral ou a Lei mordaza.

Ana Pontón lembrou que a Galiza ten 228.000 persoas no desemprego e que hai perto de 200.000 cuxos ingresos non superan os 2.000 euros anuais . “É unha prioridade absoluta a creación de emprego e tamén a derrogación das reformas laborais, que precarizan até límites insoportábeis”. Neste senrido, criticou que nun contexto de precariedade, de desemprego e emigración, Feijóo realice unha valoración positiva do mercado laboral cando “o que vemos é un desastre en termos humanos detrás de cada persoa sen traballo”.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s