BNG fai demostración de forza cun acto masivo en Pontevedra

Pontón Ponte

GALIZA | “Se queremos ser independentes, e actuar como os povos libres, precisamos ter organizacións independentes, cos seus centros de decisión en Galiza” enfatizou Ana Pontón após chamar a militancia a saír á rúa para “disputar o presente con ideas, con convicción e con alegría”,  nun acto que lotou o Teatro Principal de Pontevedra.

A Portavoz Nacional do BNG apelou a participar decididamente no proceso ADIANTE, pois “nace da convicción firme de que é preciso mellorar e corrixir o erros para relanzar o proxecto nacionalista”.  No entanto, Ana Pontón sinalou que se debe facer desde o orgullo polo traballo realizado e a confianza no nacionalismo e no BNG.Pont

Pontón salientou que o nacionalismo é a única esperanza dun ‘cambio real’ para a Galiza, pois “nestes tempos en que se puxo de moda falar do novo e o vello, eu dígovos que a política máis vella de todas é a do rancio centralismo español e a subordinación de Galiza”, enfatizou.

A Portavoz nacionalista avogou por sumar todas e todos os nacionalistas nunha candidatura común, sen dependencias de forzas estatais e “sen sucumbir aos cantos de serea que nos levan a outros portos que non son os nosos”. Ana Pontón apostou na unidade nacionalista na convicción de que “a unidade que nos fará avanzar é a unidade das que acreditamos nunha Galiza dona do seu destino”.

No acto interviñeron tamén Zeltia Pino, de Galiza Nova; o filósofo Ramón Regueira; Xosé Marcote, da Executiva do BNG e Miguel Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s