GALIZA | Adolfo Muíños, Goretti Sanmartín, ‘Mini’, Francisco Jorquera, Sandra González, Ana Miranda, Xavier Campos, Leticia Santos, Marga Corral, Carlos Callón, Cristina Bajo, Rubén Cela ou Miguel F. Lores, son algunhas das persoas que promoven a candidatura de Ana Pontón nas primarias que ten convocado o BNG para elixir candidat@ á presidencia da Xunta.
“Convencidas da necesidade de reforzar e renovar o nacionalismo galego, promovemos a candidatura de Ana Pontón para concorrer no proceso de designación de persoa candidata á presidencia da Xunta de Galiza que o Consello Nacional do BNG convocou o pasado 9 de abril”. Así comeza o Manifesto de apoio a Ana Pontón, que foi dado a coñecer nesta sexta feira, 15 de abril.
O grupo promotor asegura facer a proposta de Ana Pontón co convencemento de esta candidatura representar “a solidez, a experiencia, a ilusión, a capacidade e a empatía que precisa a nosa organización”. Salientan, aliás, que debe servir para fortalecer a mensaxe que o nacionalismo quere transmitir á sociedade galega “e para construírmos xuntas e xuntos unha Galiza dona de si nun mundo máis libre e máis xusto”.
O colectivo de militantes que apoian a candidatura de Ana Pontón lanzou unha páxina para cecoller apoios: Eu con Ana Pontón. Tamén abriu contas en FACEBOOK e TWITTER.
Eis a listaxe completa de asinantes:
Adolfo Muíños Sánchez Alberte Fernández Alberte Mera García Ana Ermida Igrexas Ana Miranda Paz Anabel Gulías Torreiro Andrea Martins Fernández Argantael Kerdudo Baxter Carlos Callón Torres Concha de la Fuente Pérez Cristina Bajo Enríquez Diego Lourenzo Moura Elvira Blanco Pérez Francisco García Suárez Francisco Jorquera Caselas Goretti Sanmartín Rei Isabel Kerdudo Iván Rivas Rico Leticia Santos Paz Luís Pérez Barral Manuel López Foxo Marga Corral Sánchez |
María Bará Louro María Xosé Bravo Sanjosé Marta Dacosta Alonso Miguel Anxo Fernández Lores Miguel Bouzó Rodríguez Moraima Pérez Míguez Navia Rivas de Castro Obdulia Diniz Carlos Pablo Queiruga Castro Pilar García Negro Rafael Mouzo Lago Ramón Noceda Caamaño Rubén Arroxo Fernández Rubén Cela Díaz Sandra González Álvarez Serafín Otero Fernández Silvia Carballo González Xavier Campos López Xosé Lois González “O Carrabouxo” Xosé Luis Rivas Cruz “Mini” Xosé Manuel Carril Vázquez Xosé Manuel Marcote Gil |