Marea alíase con PP, PSOE e C’s en Pontevedra para trabar iniciativa de compostaxe do BNG

compost

LOCAL | Toda a oposición, incluída a Marea de Pontevedra, votou en contra da proposta do Goberno municipal dunha modificación de crédito de 1,8 millóns de euros que o BNG quería dedicar -entre outras iniciativas- a desenvolver o plan de tratamento de RSU que impulsa a compostaxe. 

A actitude de Marea de Pontevedra, que sumou os seus votos aos do resto da oposición municipal, foi decisiva para tombar a proposta do BNG que permitiría destinar 400.000 euros a lanzar o plan de compostaxe. Esa era a cantidade prevista para a compra de composteiros individuais e comunitarios que o Concello quer distribuír para a reciclaxe domiciliaria da materia orgánica.

Aliás, a ‘pinza’ da Marea con PP, PSOE e C’s acontece na véspera de que decorra a primeira asemblea popular en que serán explicadas á veciñanza as previsións do Plan de compostaxe que quer desenvolver o goberno municipal do BNG.

Raimundo González, concelleiro de Economía e Facenda, afirmou que a oposición “vai ter moito que explicar” á veciñanza de Pontevedra, pois o que está a facer é porse de acordo “para derruír e non para construír”.

Sobre o plano de compostaxe: Pontevedra certifica a morte da SOGAMA do sur ao promover unha planta comarcal de compostaxe

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s