Galego certo (3): Se callar, é incorrecto dicir ‘*ao mellor’. Pois é!

-ao mellor

GALEGO CERTO | A expresión ‘ao mellor’, infelizmente bastante habitual, é un calco do castelán ‘a lo mejor’. Debemos evitala porque, aliás, nós temos expresións propias que podemos empregar. Con iso contribuiremos, ademais, para fortalecer a súa presenza na lingua viva. Digamos ‘se callar’, ‘talvez’ ou ‘se cadra’.

Se quixermos expresar posibilidade ou incerteza debemos recorrer a termos propios da nosa lingua e evitar castelanismos (*ao mellor) ou hipergaleguismos (*cecais). Podemos utilizar ‘é posíbel que’, ‘talvez’, ‘se callar’, ‘se cadra’…

‘Talvez’ e ‘é posíbel que’ exixen o verbo en subxuntivo:

Talvez mañá chova

É posíbel que mañá chova

‘Se callar’ e ‘se cadra’, porén, irán co verbo en indicativo:

Se callar, mañá chove

Se cadra, mañá chove

As formas ‘quizá’, ‘quizás’, ‘quizais’ e ‘quizabes’, a pesar de figuraren no VOLG e no dicionario da RAG, non son recomendábeis por resultaren da influencia do español. De facto, os dicionarios de portugués rexistran ‘quiçá’ como empréstimo do español aínda que practicamente carece de uso. Privilexian ‘talvez’ e ‘se calhar’. Fagamos o propio!

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s