CIG-Ensino apoia folga estudantil convocada por ERGUER no 13 de abril

13.png

SOCIAL | O sindicato nacionalista fai un apelo ao profesorado para que facilite a protesta do alumnado, “xa que as súas reivindicacións coinciden, en boa medida, coas do profesorado, nomeadamente no que ten que ver coa derrogación da LOMCE e das reválidas e coa defensa do ensino público”. ERGUER convoca 18 mobilizacións, ás 12 da mañá, por todo o País.

Na quinta feira pasada (7) a Plataforma Galega en defensa do ensino público, da que fan parte tanto ERGUER-Estudantes da Galiza como a CIG-Ensino, dirixiuse á Valedora do Povo para que instase a Consellaría de Educación a paralizar a aplicación da LOMCE e a non realizar as reválidas de 3º e 6º de primaria.

Xa no 30 de marzo a Plataforma  trasladou escritos a todos os grupos parlamentares pedidndo para adoptaren todas as medidas necesarias para a inmediata paralización e posterior derrogación da LOMCE, por ser “extremadamente lesiva para o ensino público”.

Para alén da greve nos centro de ensino, ERGUER ten convocado na quarta feira 18 manifestacións e mobilizacións ás 12 horas en diferentes cidades e vilas do País, nos lugares que se indican a seguir:

MANIFESTACIÓNS

A CORUÑA – Praza de Vigo
COMPOSTELA – Alameda
FERROL – Edificio da Xunta
LUGO – Praza do Seminario
PONTEVEDRA – Praza da Peregrina
OURENSE – Subdelegación de Goberno
MELIDE – IES de Melide
[cambio de localización] VIGO – Praza América

CONCENTRACIÓNS
CALDAS DE REIS – Carballeira
CANGAS DO MORRAZO – Concello
MOAÑA – Concello – Ás 11h
PONTEAREAS – diante dos institutos (r/ Feliciano Barrera)
VILAGARCÍA DE AROUSA – Praza de Galiza
RIBADEO – diante do IES de Ribadeo
CASTRO DE REI – diante do Instituto Xosé Trapero
RIBEIRA – estación de autobuses
O CARBALLIÑO – Praza Maior – Ás 20h
VERÍN – diante do IES Taboada Chivite

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s