ADEGA promove voluntariado ambiental na illa de Sálvora

IMG_7626_Red

AMBIENTEXunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza convoca un campo de voluntariado ambiental os próximos días 12, 13 e 14 de abril para a eliminación de especies exóticas invasoras na illa situada na boca da ría de Arousa. 

As especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda causa de extinción de biodiversidade no planeta e, segundo salienta a asociación ecoloxista, esta ameaza chega a ser a principal causante da perda de especies nas illas pois nestes ecosistemas tan singulares a introdución de EEI é moito máis daniña e, por tanto, máis importante a súa eliminación e control.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza é un dos dous Parques coa denominación Marítimo-Terrestre do Estado ao ser un espazo natural cun importante valor para a conservación da biodiversidade, non só dos ecosistemas acuáticos senón tamén dos terrestres. No entanto, conta con diversas especies invasoras, tanto de flora como de fauna, que levaron a desenvolver ao longo dos anos programas e investigacións centradas no seu control, asi mesmo como a crear espazos de participación como é o voluntariado ambiental.

Aliás, ADEGA conta cunha ampla traxectoria na xestión de voluntariado ambiental en toda Galiza, especialmente no traballo con EEI. Apoiándose nesa experiencia, a asociación ambientalista organiza un campo gratuito de tres días para traballos voluntarios na illa de Sálvora. O campo comezará o día 12 á tarde co desprazamento até a illa.

LER MÁIS na WEB de ADEGA.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s