CIG-Ensino denuncia irregularidade para colocar persoa afín ao PP no Concurso de Traslados

lOUZAO

SOCIAL | A CIG-Ensino vén de denunciar publicamente a adxudicación “irregular e fraudulenta” dunha praza dunha especialidade que nin se imparte nin se vai impartir na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza, con sede en Pontevedra. A central considera que se trata dunha “cacicada” da Consellaría para adxudicar a praza á actual directora do MUPEGA.

O sindicato nacionalista salienta que xa finalizado o prazo para poder concursar, a Consellaría publicou as vacantes provisionais e, sorprendentemente, figuraba nelas unha praza que non se imparte, nin está creada, nin foi solicitada polo centro, nin pola inspección educativa e que, aliás, nin sequera era coñecido que existise no momento de concursar.

“Como é posíbel que esta profesora solicite unha praza dunha especialidade que non existe? E que casualidade que a solicite e a consiga!”, salienta a CIG-Ensino, que denuncia que se trata dunha ‘cuña’ para colocar unha profesora afín ao Partido Popular, con destino definitivo en Asturias.

De facto, segundo sinala o sindicato nacionalista, esta profesora xa estivera a pique de ser nomeada directora da Escola Superior de Bens Culturais de Galiza no momento da dimisión do anterior equipo directivo e acabou por ser designada polo PP directora do MUPEGA. Hoxe, Beatriz Seco dirixe o Museo Pedagóxico da Galiza.

LER MÁIS na WEB da CIG-Ensino

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s