Casa-Museo de Manuel María acolle Xornadas de Lingua e Literatura

XXV XLL.png

CULTURA | Organizadas pola CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), tornáronse nos últimos vintecinco anos no principal encontro didáctico para o ensino da nosa lingua e literatura.  As entidades organizadoras dedican este ano, de forma monográfica, ao estudo da obra de Manuel María. A Xornada finalizará cun espectáculo de maxia de Martín Camiña.

Ao longo de vintecinco anos pasaron polas Xornadas millares de docentes e tamén ducias de escritores e escritoras para falaren da súa obra. Entre eles estivo, en varias ocasións, Manuel María, autor ao que este ano se lle dedica o día das Letras. “Sentimos que temos un dobre motivo de celebración e por iso consideramos que o mellor xeito de facelo é dedicarlle monograficamente estas xornadas ao autor que tanto achegou á nosa lingua e á nosa literatura, que creou pensando nas nenas e nenos galegos, fornecéndonos de materiais na nosa lingua cando máis falla nos facían”, afirman as entidades organizadoras.

O encontro, que decorrerá no sábado (9), comezará ás 10,30 da mañá cunha palestra sobre a obra poética do autor a cargo de Manuel López Foxo, estudoso e antólogo de Manuel María, sob o título ‘O País é tamén unha viaxe cara a dentro’. A seguir haberá unha visita á Casa-Museo guiada por Fran Rei.

Na mañá decorrerá tamén a presentación de dúas unidades didácticas sobre a obra de Manuel María. A primeira correrá a cargo de María Barca Gómez e Marta Barca Gómez, pensada para infantil e primaria. A segunda, ‘Ferrados de corazón, fanegas de alma’, está orientada á ESO e será presentada por Anxo Gómez Sánchez.

Xa para a tarde está organizado un roteiro por espazos vitais e referenciais na obra de Manuel María, guiado por Alberte Ansede, María Calvo e Mateo do Campo.

Martín Camiña e o seu espectáculo sobre a maxia da palabra poética de Manuel María porán o ramo, ás 20 horas, a unha xornada intensa de sábado. A Fundación Manuel María, responsábel pola organización desta actuación, indica que será gratuíta mais que, por razóns de asegurar o espazo, débese confirmar previamente a asistencia, reservando as localidades que se desexaren no enderezo electrónico da Casa-Museo (contacto@casamuseomanuelmaria.gal)  ou no teléfono 698 177 621.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s