Galego certo (0): Non diga *plantexar, diga formular

-plantexar (1)

GALEGO CERTO | Iniciamos aquí a publicación dunhas notas con algúns consellos que visan contribuír para evitarmos erros habituais na lingua empregada na comunicación pública e para mellorarmos o galego que empregamos no día a día. Comezamos cun dos castelanismos máis habituais: *plantexar.

Resulta case imposíbel escoitar un debate ou intervención política sen ouvirmos o verbo *plantexar ou a variante ‘galeguizada’ *prantexar. Ocorre non apenas nas intervencións orais mais tamén mesmo nas comunicacións escritas. Acontece que é un castelanismo fortemente asentado e, precisamente por iso, que debe ser evitado en todos os casos.

Temos na nosa lingua verbos que podemos empregar para expresar esa mesma idea. Utilicemos formular, expor, propor, enunciar, manifestar ou colocar. Eis algúns exemplos:

Formulou un argumento indiscutíbel.

Expuxo o seu punto de vista de maneira respectuosa.

Enunciou unha idea magnífica.

Concordo totalmente co que propós.

Manifestou moitas obxeccións á proposta recibida.

Colocou unha cuestión moi interesante no coloquio.

Evitemos, por tanto, *plantexar todo. Nin argumentos, nin puntos de vista, nin ideas, nin obxeccións, nin cuestións. Unha lingua que formula, enuncia, expón, propón ou manifesta, é unha lingua máis viva, máis rica e, sobre todo, de máis calidade.

A partir de *plantexar aparece tamén o substantivo *plantexamento, igualmente incorrecto. Usemos formulación, proposta, proposición, idea, exposición… segundo os casos:

Concordo totalmente coa túa formulación.

Concordo totalmente coa túa proposta.

No entanto, é correcto o verbo planear, como sinónimo de proxectar.

Anúncios

Um pensamento sobre “Galego certo (0): Non diga *plantexar, diga formular

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s