ERGUER estrea logo e convoca folga estudantil no 13 de abril

Erguer2

SOCIAL | A nova organización estudantil galega vén de presentar nas redes sociais o seu logo, da autoría do deseñador gráfico Bruno Lopes Teixeiro. ERGUER, Estudantes da Galiza, convoca folga estudantil para o vindeiro 13 de abril sob o lema ‘Defender o público é defender o futuro’.

ERGUER. que naceu o pasado 5 de marzo da fusión das organizacións estudantís Agir, Comités e Liga Estudantil Galega, chama á folga contra a LOMCE e o 3+2 tanto no Ensino Medio como na Universidade. “Convocamos folga para baleirar as aulas, encher as rúas e loitar polos nosos dereitos como estudantes; para amosar o noso rexeitamento a políticas privatizadoras e impopulares”, afirman.

A organización estudantil nacionalista estabeleceu na Asemblea Constituínte como eixo da súa acción a loita “contra a Estratexia Universitaria e o 3+2, por unha universidade única galega ao servizo das estudantes e non das grandes empresas; contra a LOMCE e a españolización do alumnado, por un ensino galego, público e de calidade; contra o adoutrinamento e o ensino patriarcal, o feminismo como ferramenta”.

ERGUER, Estudantes da Galiza, convoca manifestacións nas cidades galegas o día 13 de abril, ás 12 da mañá, nos lugares a seguir:

A CORUÑA – na Praza de Vigo
COMPOSTELA – na Alameda
LUGO – na Praza do Seminario
PONTEVEDRA – na Praza da Peregrina
VIGO – na Praza dos Cabalos

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s