Un concerto presenta en Compostela o libro-CD ‘A Voz do Vento’, con poemas de Manuel María

MM Voz.png

CULTURA | Un concerto de Fran Amil e A tribo incomprensíbel servirá para presentar o libro-CD ‘A Voz do Vento’ e, ao mesmo tempo, para celebrar o 30 aniversario da fundación da Mesa pola Normalización Lingüística. Será esta sexta feira, 1 de abril, ás 21:30 horas, na sala Malatesta (antiga Sala Nasa).

‘A Voz do Vento’, editado co apoio da Mesa, recolle poemas de Manuel María que Fran Amil concibe en clave de rock, funk ou blues, nun proxecto que o músico entende como unha óptima maneira de facer chegar a poesía do autor ao que se rende tributo neste Día das Letras Galegas a públicos amplos, especialmente á mocidade.

Segundo expresaba A Mesa na altura en que o libro-CD foi editado, ‘A Voz do Vento’ quere ser “unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa”.

O libro, ilustrado por Jano, recolle 11 temas extraídos dos libros Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.

O concerto de presentación en directo do disco contará coa presenza, como artistas convidados, de Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M X Pérez e Xosé Antón Bocixa. A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás.

O acto servirá tamén de festa de celebración dos 30 anos de traballo da Mesa en prol da normalización da nosa lingua. Os billetes, ao prezo de 8 euros, poderán ser comprados na web da Mesa ou na billeteira da sala Malatesta.

 

 

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s