Aberri Eguna: Millares foron á rua pola independencia de Euskal Herria

caca_tuwwaar4x4

INTERNACIONAL | Entre 11 e 15.000 persoas participaron neste domingo (27) nunha marcha en Iruñea para celebrar o ‘Día da Patria Basca’ e reivindicar a independencia de Euskal Herria. “Non estamos dispostos a esperar á democratización do Estado español”, enfatizou o Portavoz de Independentistak, Txutxi Ariznabarreta, no final do acto.

Ariznabarreta asegurou que o tempo da negociación bilateral co Estado xa pasou e que é o momento de avanzar de forma unilateral para a independencia. “Iso implica un salto de estratexia”, salientou “e exixe que haxa un povo en marcha, un movimento social independentista moi importante, un suxeito novo da construción do Estado que debe ir moito máis alá do abertzalismo”.

É por isto que Ariznabarreta se comprometeu a que a Rede Independentistak traballe para implicar no proceso “todas aquelas persoas que estean dispostas a partillar un mesmo futuro baseado na democracia, a xustiza e a liberdade”.

A marcha estivo apoiada por EH Bildu e outras organizacións abertzales. O Portavoz de Sortu, Pernando Barrena  afirmou que “a independencia é  unha reivindicación de grande vigor nestes momentos na sociedade basca” para remarcar que non é apenas “a culminación dun estado de máxima liberdade nas formulacións nacionais ou identitarias” senón unha”ferramenta para conseguir unha sociedade máis igualitaria e con xustiza social”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s