Máxima tensión no Sahara: a Polisario en alerta pola actitude agresiva de Marrocos

SO

INTERNACIONAL | A expulsión por parte de Marrocos de 84 membros da MINURSO dos territorios ocupados en represalia por o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, empregar o termo ‘ocupación’ na recente visita aos acampamentos saharauis foi interpretada pola Frente Polisario como unha declaración de guerra. Marrocos despregou tanques nas rúas de El-Aaiun e a RASD está a mobilizar o seu exército e a se preparar para a guerra.

A acción hostil de Marrocos coa misión da ONU súmase á dilación continuada da organización do referendo de autodeterminación previsto no acordo de cesar fogo de 1991. Vinte E cinco anos de espera son demasiados e a paciencia saharaui está a chegar ao limite. Agora, no momento en que a ONU parecía decidida a actuar e o propio Secretario Xeral se comprometía no proceso cunha histórica visita aos acampamentos de Tinduf, a reacción marroquina foi fulminante.

Marrocos quer asegurar a ocupación permanente do territorio saharaui, mesmo se para iso se ten de enfrontar á ONU. Conta con aliados importantes no mundo occidental, entre os que salientan Francia e o Estado español. Mais a rápida e contundente reacción saharaui indica que non están dispostos a permitilo.

Na secuencia da expulsión do funcionariado da MINURSO, Marrocos sacou tanques de guerra ás rúas da capital do Sáhara ocupado. A resposta da Polisario foi preparar o seu exército para calquera escenario, mesmo a ruptura do cesar fogo e o reinicio da guerra.

Nesta segunda feira (20) o Presidente da RASD, Mohamed Abdelaziz, alertou o Consello de Seguranza da ONU para a perigosa situación no Sahara Occidental polas provocacións de Marrocos e chamou a filas tod@s @s combatentes do Exército Saharaui. A televisión pública saharaui difundiu imaxes dos seus efectivos militares, incluídos centenas de tanques e lanzamíseis, prontos para entrar en combate. O Goberno da RASD comunicou tamén o estado de alerta á poboación dos territorios liberados.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s