BNG: “Galiza precisa máis do que nunca un proxecto nacionalista”

25.jpg

GALIZA | O Bloque Nacionalista Galego acordou na XV Asemblea Nacional dirixirse a todas as forzas políticas de obediencia galega para lles propor conformar unha candidatura nacionalista paras as próximas eleccións, co obxectivo de sumar en chave de País e derrotar o PP. Nesta terza feira (22) decorreu a reunión entre BNG e Anova, que serviu para certificar estratexias diferentes.

Conforme o recollido nunha nota informativa, o BNG trasladou a Anova a vontade a sumar para a conformación dunha candidatura “nacionalista de esquerdas, en clave de país, que teña o seu centro de decisión en Galiza, unha candidatura derivada dun proceso de acumulación de forzas, moi especialmente, de colectivos e persoas que se sintan nacionalistas, soberanistas ou galeguistas, máis aló de que teñan ou non militancia organizada”.

Segundo explicita o BNG, o obxectivo desta candidatura nacionalista é “ser clave na derrota da dereita que representa o PP” nas próximas eleccións galegas. A formación frentista asume este obxectivo mesmo como “prioridade absoluta, ante a toxicidade das políticas de Feijóo que teñen derivado en desemprego, emigración masiva de xente moza, devalo dos sectores produtivos, recorte de servizos públicos e de prestación sociais e unha perda de peso político e do autogoberno da Galiza”.

Pola súa parte, Anova fixo público xa antes da reunión que a súa prioridade política era manter a alianza coas forzas estatais -Podemos e IU- coas que xa conformou En Marea nas eleccións Xerais. Neste sentido, o BNG salienta que “non comparte estratexias de concorrencia ás eleccións con forzas políticas de ámbito non galego, ao considerar que Galiza precisa máis que nunca un proxecto nacionalista autoorganizado sen supeditacións”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s