Estudantes dos Países Cataláns saúdan nacemento de ERGUER-Estudantes da Galiza

Erguer SEPC

SOCIAL | O Sindicat d’Estudiants del Països Cataláns (SEPC) fixo pública unha comunicación trasladando os parabéns ao estudantado galego polo proceso de unidade de que xorde ERGUER e salienta que, para alén das loitas inmediatas no ámbito estudantil, “a loita pola independencia das nosas nacións é tamén un vínculo que une as dúas organizacións”. 

Comunicado en relación ao nacemento de Erguer-Estudantes da Galiza

No pasado sábado, 5 de marzo culminou o proceso de confluencia das diferentes organizacións estudantís revolucionarias da Galiza -Agir, Comités e Liga Estudantil Galega- que deu lugar ao nacemento da nova organización  unitaria Erguer. Estudantes da Galiza.

A Asemblea Nacional Constituínte do día 5, “Libera e transforma Galiza desde as aulas” puña punto e final ao proceso de confluencia “Asembleas Base”, seis meses após o seu inicio. Aliás, este fito resulta un punto de inflexión histórico para o movemento estudantil galego e para o movemento independentista e popular da Galiza, pois significa a consecución dunha organización unitaria que aglutina o estudantado independentista e revolucionario da Galiza nun só marco organizativo referencial.

Erguer, Estudantes da Galiza partilla co SEPC non apenas as loitas máis inmediatas que enfrontan os estudantes cataláns, como a loita contra o 3 + 2 e a LOMCE mais tamén a loita por un marco educativo propio, por unha educación popular, pública, antipatriarcal e de calidade. A loita pola independencia das nosas nacións é tamén un vínculo que une as dúas organizacións.

No contexto político actual, co proceso de independencia iniciado no Principado de Cataluña e o dereito de autodeterminación abrindo paso nas outras nacións oprimidas do Estado, consideramos de vital importancia que o estudantado independentista e revolucionario se organice e se dote de ferramentas eficaces e útiles para facer frente aos  os ataques do capitalismo, do Estado español e do patriarcado, a que está sometido todos os días, e para poder incidir politicamente en todos os procesos populares en marcha.

Por todo isto, no SEPC alégranos moito de poder facer chegar esta fraternal saudación e felicitación pública aos nos@s compañeir@s da Galiza. Con certeza que nos encontraremos no camiño cara á nosa liberdade e cara a unha educación do povo e para o povo.

Desde os Países Cataláns e Galiza: por unha educación pública, popular, antipatriarcal e de calidade!

Viva a loita do estudantado galego!

Galiza Ceive!

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s