CIG-Ensino consegue que profesorado de lingua galega poda acceder a formación en portugués

lOUZAO

LINGUA | Após o reclamar o sindicato nacionalista, a Consellaría de Educación recolle a participación do profesorado de lingua galega nos cursos PIALE para formación en lingua portuguesa. É máis un paso para dar cumprimento ao previsto na Lei Paz Andrade, aprobada por unanimidade no Parlamento da Galiza.

Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino, lembra que viñan reclamando ano tras ano que se modificase a Orde de convocatoria dos PIALE de modo que fose posíbel o acceso do profesorado de galego a estes cursos, pois ten a titulación e a formación adecuada para impartir a materia. “Desfaise unha inxustiza porque este profesorado é o que está a impartir a materia de portugués até agora e, porén, non se lle permitía acceder á formación nesta lingua, o que non tiña ningún tipo de xustificación”, subliña.

Louzao salienta tamén que este ano a Consellaría incrementa a oferta de vagas para se formar en portugués, de acordo tamén co que demandara a CIG-Ensino, que insistía na necesidade deste incremento para dar cumprimento ao previsto Lei Paz Andrade canto a xeneralizar a materia de lingua portuguesa nos centros educativos da Galiza.

Con todo, a CIG-Ensino voltou a manifestar o desacordo cunha formación en linguas que a Consellaría utiliza como instrumento para potenciar os centros plurilingües e as seccións bilingües, dentro do seu deseño de priorizar a lingua inglesa en detrimento da nosa propia. Segundo Anxo Louzao, esta formación “debería estar destinada á adquisición de maior competencia en linguas estranxeiras para o conxunto do profesorado” e sinala que o número total de vagas -150- e o orzamento asignado- 505.000 €- son completamente insuficientes.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s