INTERNACIONAL | Será nesta quinta feira, 17 de marzo, ás 20,30 horas na Facultade de Filosofía de Compostela. No acto intervirá tamén Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova.
En outubro de 2010, Hassana tomou parte no campamento Gdeim Izik, denominado ‘campamento da dignidade’, unha acción de protesta en defensa dos dereitos humanos do pobo saharauí e contra a ocupación marroquina. Após ser atacado e desmantelado o campamento, Hassanna foi xulgado e condenado en rebeldía a cadea perpetua, xunto con outr@s 24 compañeir@s.
Hassannna Aalia reside actualmente en Euskal Herria, mais o estado estado español pretendeu denegarlle a petición de asilo político e estivo a pique de ser expulso e entregado a Marrocos. Finalmente as protestas conseguiron paralizar a orde de expulsión.
No momento en que se está a conmemorar o 40 aniversario da proclamación da República Árabe Saharaui Democrática (RASD), Hassanna Aalia falará da loita do povo saharaui pola independencia e da situación dos dereitos humanos nos territorios ocupados por Marrocos.