BNG inicia nova etapa co obxectivo de reimpulsar o nacionalismo

cn bng

GALIZA | Neste sábado, 12 de marzo, ficou constituído o novo Consello Nacional do BNG coas persoas eleitas na Asemblea Nacional e nas comarcas. O órgano de dirección aprobou as bases do proceso de refundación que, segundo Ana Pontón, ten como obxectivo “ampliar a militancia e a base social e resituar o BNG como a referencia fundamental para a derrota do PP”.

A Portavoz Nacional do BNG convidou todas as persoas nacionalistas, militantes ou non, a participaren  “se entenden que o noso país precisa forzas políticas propias, pois este proceso de debate abre un espazo cara a dentro pero, sobre todo, cara a fóra, onde van poder contribuír, definir, soñar e modelar a organización e o futuro do nacionalismo”.

O Consello Nacional do BNG definiu as liñas de traballo dos próximos meses mais tamén coa vista posta nos próximos procesos electorais na perspectiva dun adiantamento. Nese sentido, a dirección do BNG acordou iniciar os traballos para conformar unha candidatura nacionalista “que ten que ser clave na derrota do PP que está situando ao noso país nunha situación desastrosa”, explicou Ana Pontón.

O Consello Nacional recén eleito coñece unha importante renovación. 43% das persoas integrantes son de nova incorporación e, segundo salienta a organización nacionalista, tamén ” xente nova, cunha medida de idade por debaixo dos 35 anos, a maioría procedentes do ámbito do traballo social e do ámbito de responsabilidade municipal, como é o caso da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, ou dos portavoces municipais de Lugo, Rubén Arroxo e de Ribeira, Luis Pérez Barral. Olalla Rodil, Silvia Carballo, Alba Feixóo, Yesica García, Iago Varela, Raquel Suárez son tamén ‘sabia nova’ tanto por idade como por incorporarse por vez primeira ao máximo órgano de dirección do Bloque”.

LER MÁIS na WEB DO BNG

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s