Millares saen á rúa coa CIG no Dia da clase obreira galega

2016 03 10 Manifestacion10MarzoVigo01.grande

SOCIAL | Sob a palabra de orde “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”, millares de persoas participaron nas asembleas, concentracións e manifestacións convocadas pola central nacionalista neste 10 de marzo. As mobilizacións foron apoiadas polo BNG e por Galiza Nova.

A CIG subliña que o 10 de marzo é unha xornada en que lembrar o exemplo de Amador Rei e Daniel Niebla, “asasinados en 1972 a mans da policía franquista por defender os seus interese de clase”, mais tamén un día para continuar  a súa loita “reivindicando a derrogación das medidas antiobreiras e represivas aprobadas nos últimos anos polo goberno español e galego”.

A central nacionalista lembra que na Galiza  hai 243.000 persoas desempregadas, das que 43.3% leva máis de 2 anos no paro e menos de 50% percibe algún tipo de prestación. Segundo os datos fornecidos pola CIG, 177.000 galegos e galegas (18.3% dos/as asalariados/as) perciben menos da metade do SMI; é dicir cobran menos de 2.000 euros ao ano. “Son, polo tanto, traballadoras e traballadores en situación de pobreza a pesar de ter a condición de asalariados/as”.

Para a CIG, a situación laboral do noso País mostra que a loita de Amador e Daniel continúa plenamente vixente. “44 anos despois dos sucesos que deron orixe a esta conmemoración, Galiza perde habitantes, peso económico e político no Estado e na UE. E a nosa clase traballadora sofre o maior recorte de dereitos dende a ditadura”, denunciaba o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, ao finalizar a manifestación realizada en Ferrol.

LER MÁIS na WEB DA CIG

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s