BNG advirte imprevisión e ineficacia na xestión do goberno de Compostela

CelaLOCAL | Rubén Cela prevén de que no próximo 14 de marzo finaliza o contrato de xestión dos centros socio-culturais, sen posibilidade de prórroga e sen que o goberno municipal de Compostela Aberta teña previsto nada. Este caso vén a se sumar a outros anteriores de imprevisión como o das garderías municipais, o dos comedores escolares ou o do arranxo das numerosas fochancas existentes nas rúas da cidade.

O Grupo Municipal do BNG  de Compostela advertiu de que os centros socioculturais ficarán sen contrato no próximo 14 de marzo “e sen posibilidade de nova prórroga á empresa Arasti Barca que presta este servizo, posto que o Goberno de Compostela Aberta non iniciou o proceso de licitación no prazo que lle corresponde nin procedeu á súa redefinición”.

Para Rubén Cela, Portavoz municipal do BNG no pazo de Raxoi, isto é unha mostra máis da “ineficacia na xestión ordinaria da actividade municipal por parte de Compostela Aberta, pois desde que entraron a gobernar en xuño de 2015 sabían cando conclúe este contrato do servizo dos centros socioculturais e tempo tiveron para convocar o proceso de concurso público ou traballar para a súa municipalización”.

O BNG rexistrou unha serie de preguntas dirixidas ao alcalde, Martiño Noriega sobre o funcionamento da rede de centros socioculturais e o modelo de contratación, “ante a incerteza de persoas usuarias e persoal contratado pola expiración do contrato e diante da cantidade de sentenzas desfavorábeis aos intereses municipais por cesión ilegal de persoal e por diferenzas salariais”.

LER MÁIS na WEB DO BNG DE COMPOSTELA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s