Galiza Nova chama a mocidade a participar nas mobilizacións da CIG

10 M.jpg

GALIZA | A organización xuvenil nacionalista apela a se rebelar contra o desemprego, a precariedade e a emigración, e a saír ás rúas para participar neste 10 de marzo nas convocatorias realizadas pola CIG con ocasión do Día da clase obreira galega.

“As terríbeis consecuencias das reformas laborais do PPSOE afondan na precarización aínda maior dos contratos e unha indefensión total das traballadoras e traballadores. Queren que as mozas e mozos da Galiza non sexamos máis que man de obra barata para as empresas, con contratos que camuflan todo tipo de abusos. Ademais, isto ven acompañado de políticas represivas a través da Lei Mordaza, que pretende calar a contestación social da clase obreira galega”, sinala Galiza Nova.

Lembra que o Día da Clase Obreira Galega é unha data “en memoria de Amador e Daniel, dous traballadores galegos asasinados polo fascismo en 1972”, mais tamén un día para a reivindicación e salienta “a necesidade de conquistarmos a soberanía da Galiza para termos as capacidades reais de crear emprego digno e na nosa Terra e practicarmos a insubmisión ás políticas reaccionarias e neoliberais impostas”.

Comprométese Galiza Nova, neste 44 aniversario do asasinato dos traballadores Amador e Daniel, a “loitar con máis forza pola liberación nacional e a emancipación da clase traballadora galega”.

LUGAR E HORA DAS MOBILIZACIÓNS DA CIG

FERROL: Manifestación desde a rúa Eduardo Pondal (local da CIG), ás 20.00 horas.
A CORUÑA: Concentración diante da Delegación do Goberno ás 12.00 horas.
COMPOSTELA: Manifestación desde a Praza Vermella ás 20.00 horas.
LUGO: Concentración na Subdelegación do Goberno (Praza de Armanyá) ás 12.00 horas.
OURENSE: Concentración diante da Subdelegación do Goberno, ás 11.30 horas.
VIVEIRO: Concentración diante dos Xulgados ás 12.00 horas
PONTEVEDRA: Concentración diante da Delegación do Goberno ás 12.00 horas.
VIGO: Manifestación desde a Doblada ás 20.00 horas.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s