CIG convoca mobilizacións no Día da clase obreira galega

CIG

SOCIAL | As marchas de 10 de marzo decorrerán so o lema ‘Reforma laboral e Lei Mordaza, anulación xa!’ O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo cualifica o goberno do PP de “incompetente” e considera “insultante” que intente agochar a realidade laboral e social existente na Galiza.

Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas para exixir a derrogación da reforma laboral e da Lei Mordaza. A central sindical denuncia que o obxectivo destas contrarreformas era “precarizar as condicións laborais para favorecer o incremento de beneficios para as empresas e dotarse da lexislación necesaria para reprimir a contestación social a esas medidas antiobreiras e antisociais”.

O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, explica que coa reforma laboral “o que se fixo foi facilitar o despedimento, provocar unha caída xeneralizada de salarios, incrementar a contratación temporal e a contratación a tempo parcial -que leva aparellada un escandaloso nivel de fraude- para incrementar o máximo posíbel os beneficios das empresas”. Unha reforma que ademais “xerou un importante debilitamento do movemento obreiro e un reforzamento das posturas da patronal e do capital”.

Denuncia Seixo que isto viu acompañado dunha política represiva a través da lei mordaza, que realmente é un instrumento máis da administración, neste caso do PP, “para reprimir calquera tipo de movemento e contestación social ás políticas antiobreiras e antisociais do PP”, polo que exixen a inmediata derrogación.

Mobilizacións convocadas pola CIG

Ferrol: 20:00 h. Manifestación con saída de Eduardo Pondal, a carón do local sindical

– A Coruña: 12:00 h. Concentración diante da Delegación do Goberno.

– Compostela: 20:00 h. Manifestación con saída da Praza Roxa

– Lugo: 12:00h. Concentración diante da Subdelegación do Goberno (Praza de Armanyá)

 – Viveiro: 12:00h. Concentración diante dos Xulgados de Viveiro.

– Ourense: 11:30 h. Concentración diante da Subdelegación do Goberno.

– Pontevedra: 12:00 h Concentración diante da Delegación do Goberno

– Vigo: 20:00 h. Manifestación con saída desde a Doblada

LER MÁIS en AVANTAR (WEB da CIG)

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s