ADEGA convoca xornada para eliminar eucaliptos na Eira da Xoana

Eucaliptos-Eira

AMBIENTE | Domingo, 13 de marzo, a asociación ecoloxista quere continuar cos labores iniciados o pasado ano para erradicar os eucaliptos dos montes que a Fundación EIRA  ten en custodia. ADEGA salienta que esta actividade se insire dentro da campaña en defensa do bosque autóctono. 

O pasado 5 de febreiro 21 organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas -entre elas ADEGA- uníronse para lanzar a campaña “STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!”, co obxectivo de chamar a atención sobre a preocupante extensión das plantacións de eucaliptos na Galiza, a necesidade de conservar os hábitats autóctonos e reclamar medidas para preservar os bosques autóctonos.

Mais a organización ecoloxista quere predicar co exemplo. Por iso, por segundo ano consecutivo, organiza unha xornada para retirar os eucaliptos que invaden os montes xestionados pola Fundación EIRA, en Ramil, no Concello da Agolada. Será o próximo domingo, 13 de marzo, a partir das 16.30 horas.

PROGRAMA

-16:00 Cita na Eira da Xoana. Apresentación do proxecto da Eira da Xoana.

-16:10 Palestra introdutoria sobre a custodia do territorio, a problemática do eucalipto e a campaña en defensa do bosque autóctono.

-16:30 Deslocamento ás fincas, conformación dos grupos e reparto do material.

-19:30 Finalización da actividade.

ADEGA indica que é será organizado un grupo cun máximo de 40 persoas, por orde de inscrición. Por iso será imprescindíbel anotarse previamente chamando ao 981570099 ou enviando un correo a adega@adega.gal.

Fundación Eira

Web de ADEGA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s