ERGUER. Estudantes da Galiza, nova organización estudantil galega

ERGUER 2GALIZA | Neste sábado, 5 de marzo, decorreu en Compostela a Asemblea Nacional Constituínte da organización que nace da unificación dos Comités Abertos, Liga Estudantil Galega e Agir. Tamén participaron persoas que non pertencían ás organizacións existentes mais que se incorporaron desde as asembleas abertas realizadas por todo o País.

Coa constitución de ERGUER, Estudantes da Galiza conclúe un proceso que comezara en mediados de 2015, cando as tres organizacións estudantís da Galiza anunciaban a intención de iniciar un camiño de colaboración intensa que visaba conseguir a unidade orgánica. No mes de setembro lanzaran as Asembleas de Base, Organizando o estudantado galego, co obxectivo de comezaren a traballar conxuntamente e de incorporaren tamén á nova organización estudantil galega persoas non afiliadas.

Segundo os obxectivos expresados, ERGUER quere tornarse unha forte organización de carácter “nacional, popular, feminista, asemblearia e combativa” que agrupe “todo o estudantado nacionalista e independentista galego”.

ERGUER. Estudantes da Galiza confirma os compromisos asumidos polas organizacións fusionadas de continuar “na rúa e nas escolas loitando contra a Estratexia Universitaria e o 3+2, por unha universidade única galega ao servizo das estudantes e non das grandes empresas; contra a LOMCE e a españolización do alumnado, por un ensino galego, público e de calidade; contra o adoutrinamento e o ensino patriarcal, o feminismo como ferramenta. Desde a futura organización, loitaremos por un ensino ao servizo do pobo e para o pobo”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s