BNG participa en Donosti no masivo acto de benvinda a Otegi

otegi.jpg

INTERNACIONAL | Bieito Lobeira, Noa Presas e Rubén Cela, membros da Executiva do Bloque Nacionalista Galego, deslocáronse a Euskal Herria para acompañar EH Bildu no multitudinario acto político realizado no velódromo de Anoeta. Arnaldo Otegi avogou no seu discurso por construír un Estado independente.

A delegación do BNG expresou a través das redes sociais a solidariedade internacionalista co povo basco. Rubén Cela sinalaba: “Nun velódromo de Anoeta en Donostia que se comeza a encher e que vai ficar pequeno para acoller ás máis de 15.000 persoas que agardan fóra”. “Non se lle poden pór cancelas ao mar. A forza dos pobos é imparábel”.

Con efecto, o Velódromo de Anoeta, en Donosti, ficou pequeno para acoller os millares de persoas que querían participar no acto político organizado pola esquerda abertzale para dar a benvida a Arnaldo Otegi, que saíu en liberdade segunda feira após pasar máis de seis anos nos cárceres españois acusado de tentar reorganizar Batasuna.anoeta

O líder abertzale, na intervención política, sinalou que a partir de agora será necesario construír un proxecto independentista «decente», que permita a quen vive e traballa en Euskal Herria cubrir as súas necesidades. E contrapúxoo á actual Unión Europea e ao trato aos refuxiados que foxen da guerra e a fame.

Otegi descartou a hipótese de os estados español e francés chegaren a recoñecer Euskal Herria «como nación diferenciada e o seu dereito decidir» polo que defendeu a necesidade de abrir un proceso similar ao catalán.

“O independentistas bascos estamos dispostos a colaborar na democratización do Estado, non cremos que sexa posíbel, mais, se xorde a oportunidade histórica, non temos ningún inconveniente en participar nese proceso. No entanto, eu dígovos que ese proceso non se vai poder dar”, asegurou.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s