Ana Pontón: “Somos a nación en marcha”

Ana P

GALIZA | Nunha comunicación á militancia, a nova Portavoz Nacional sitúa o BNG como a “orgullosa expresión política […] da esperanza colectiva que cada día se autodetermina e decide ser, decide non renunciar, decide existir con vocación de futuro”. Chama ao activismo entre a sociedade “para defender as nosas alternativas”.

Ana Pontón diríxese por primeira vez como Portavoz ás e aos militantes do BNG para lles agradecer “estardes sempre aí. Serdes, sermos, colectivamente, unha ferramenta imprescindíbel para a mellora das condicións de vida do noso pobo e a transformación da nosa sociedade” mais tamén para solicitar a participación activa “no tempo que agora se abre”.

Pontón asegura que o momento é complexo mais tamén se mostra confiada na capacidade da militancia nacionalista para o superar: “Temos diante retos importantes que debemos abordar con intelixencia, entusiasmo e xenerosidade. E para iso imos facer falta todas e todos. É o tempo da militancia. Dunha militancia viva, activa, crítica e autocrítica, con capacidade para estar coa nosa xente e dar alternativas aos seus problemas. O debate e o activismo social son as nosas fortalezas”.

É por iso que a nova Portavoz apela ao compromiso militante e á participación activa “no proceso de refundación que abriremos e presentaremos nas vindeiras semanas e nos axudedes á súa extensión e, por tanto, á máxima ampliación social dos nosos espazos de debate. Precisamos dun contraste realmente aberto coa nosa sociedade. Mais tamén e fundamental que teñamos un importante activismo entre a sociedade para defender as nosas alternativas”.

Pontón salienta que para alén dos acertos e dos erros do BNG está a incuestionábel lealdade “ao noso pobo, do que nacemos e ao que nos debemos” e advirte de que a andaina do nacionalismo nin finalizou nin se detivo: “Estamos a camiñar, cos ollos ben abertos e dispostas a escoitar, aprender, compartir. Porque queremos que con nós camiñen moitas persoas que hoxe non o fan”.

Finaliza Ana Pontón garantindo “firmeza nos ideais, coa certeza de estarmos a defender as causas todas que merecen a pena e co compromiso de dedicarmos o tempo que agora comeza na construción dun proxecto amplo e ilusionante para todos e todas as que levamos Galiza na cabeza e no corazón” e afirmando que o nacionalismo galego é necesario e útil para a nosa nación.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s