Nace a nova organización estudantil galega unida

1

GALIZA | A Asemblea Constituínte, que se realiza sob a palabra de orde Libera e transforma Galiza desde as aulas, decorrerá sábado, 5 de marzo, en Santiago de Compostela. Após meses de colaboración, AGIR, Comités e Liga Estuadantil dan o paso definitivo para a unidade orgánica.

Foi en mediados de 2015 que as tres organizacións estudantís da Galiza anunciaban a intención de iniciar un camiño de colaboración intensa que visaba conseguir a unidade orgánica. No mes de setembro lanzaron o proceso das Asembleas de Base, Organizando o estudantado galego, co obxectivo de comezaren a traballar conxuntamente e de incorporaren tamén á nova organización estudantil galega persoas non afiliadas.ab

Após meses de formación de grupos de estudantes por todo o País e debate intenso nas Asembleas de Base, a creación da nova organización unida do estudantado galego entra na fase final coa realización da Asemblea Nacional Constituínte no sábado, 5 de marzo, no Colexio Maior Fonseca do Campus de Compostela.

As tres organizacións indican que ese día presentarán tamén as propostas programáticas, mais adiantan que o obxectivo é crear unha organización unida e forte de carácter “nacional, popular, feminista, asemblearia e combativa” que agrupe “todo o estudantado nacionalista e independentista galego”.

Comités, Liga e Agir reafirman tamén a vontade de continuar “na rúa e nas escolas loitando contra a Estratexia Universitaria e o 3+2, por unha universidade única galega ao servizo das estudantes e non das grandes empresas; contra a LOMCE e a españolización do alumnado, por un ensino galego, público e de calidade; contra o adoutrinamento e o ensino patriarcal, o feminismo como ferramenta. Desde a futura organización, loitaremos por un ensino ao servizo do pobo e para o pobo“.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s