UdC e ADEGA organizan unha Xornada sobre bioconstrución

Módulo Bioclimático A Vieira SOMESO

AMBIENTE | Decorrerá cuarta feira, día 2 de marzo e consistirá na visita a proxectos experimentais de edificación sustentábel, bioclimática e mesmo de mobiliario urbano. A xornada comezará ás 15.30h coa recepción das persoas asistentes na  da Facultade de Economía de Empresa da UdC.

A Oficina de Medio Ambiente da UDC e  Asociación Ecoloxista ADEGA son as encargadas de organizar unha Xornada de BIOCONSTRUCIÓN en que se visitarán os seguintes proxectos:
Módulo experimental Biovalvo. Belén González (Grupo GCons-UDC)
Módulo de mobiliario urbano BanCob. Víctor González (Asociación ESPIGA)
Módulo bioclimático A Vieira. Juan Bello (CIFP Someso)
 
A xornada comezará ás 15.30h coa recepción dos asistentes e presentación da actividade na entrada principal da Facultade de Economía de Empresa, a cargo do persoal da OMA, para se dirixir  en primeiro lugar ao Módulo experimental BIOVALVO, construído baixo o estándar passivhaus e bioconstrución, con cunchas de mexillón. A continuación será a visita ao Módulo de mobiliario urbano BANCOB, un banco construído coa técnica de COB.
Ás 17.15h aproximadamente, será o momento de se chegar até o CIFP de Someso para coñecer o Módulo bioclimático experimental  A VIEIRA, unha construción experimental realizada con balas de palla, recubrimentos de barro e cuberta axardinada que mostra un excelente comportamento bioclimático. Prevese o final da actividade arredor das 18.30h.
 
A Oficina de Medio Ambiente da UdC explica que cando se fala de bioconstrución querese facer referencia a un sistema de edificación que se basea na utilización de materiais que respecten a saúde e de baixo impacto ambiental, ecolóxicos, reciclábeis  e extraídos mediante procesos sinxelos e de baixo custo. Tamén procurando a correcta adaptación ao medio, facendo uso de elementos pasivos e naturais para necesidades como a iluminación ou o confort térmico.Con estas premisas son realizadas construcións sas e ecolóxicas.
Salienta tamén que o acto de construír e edificar xera un grande impacto no medio que nos rodea. A bioconstrución persegue minimizalo “construíndo coa natureza e non á custa dela, de modo que se satisfagan as necesidades sen perxudicar a saúde nin das persoas, nin do entorno, nin do planeta”.
Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s