CIG-Ensino denuncia que a Xunta aproveita o Concurso de traslados para eliminar vagas

16-02-03 CIG-Ensino 001.grande

GALIZA | A Consellaría non incorpora 634 vagas procedentes de xubilacións. O sindicato nacionalista exixe que saian a concurso todas as vacantes que neste momento están creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo.

A CIG lembra que o pasado ano a Consellaría, “despois dun cúmulo de despropósitos”, acordou non convocar concurso xeral de traslados (CXT) para prazas de Galiza, impedindo así a mobilidade do profesorado dentro do país. A consecuencia é que perto de 9.000 docentes participen no concurso convocado este ano.

A xuízo do sindicato nacionalista, o alto número de participantes e a ausencia de convocatoria de CXT no curso pasado “non lle parece suficiente motivo á Consellaría para que oferte nesta convocatoria todas as vacantes existentes, nomeadamente as producidas por xubilación e as cubertas por profesorado provisional”.

Denuncia a CIG que a intención da Consellaría ao non ofertar todas as prazas “non é outra que amortizar parte delas no futuro e ter un colectivo importante de profesorado provisional que lle sirva de comodín e que cada curso coloca ao seu antollo, asignándolle moitas veces prazas con máis dunha afín”.

Para a CIG-Ensino, este proceder “é totalmente inadmisíbel, xa que comportaría reducir os xa cativos cadros de persoal dos centros, despois da redución de 3.000 docentes desde o ano 2010, acrecentando a provisionalidade e a inestabilidade do profesorado dos centros”.

Segundo dados do sindicato, hoxe xa 20% do profesorado dos centros non ten destino definitivo. E salienta que, mesmo atendendo ás cifras fornecidas pola propia Consellaría, desde o último concurso xeral de traslados xubiláronse na Galiza 1.049 mestres/as e 917 profesores/as de secundaria; en total de 1.966 persoas, en canto a Consellaría está ofertando só 1.332 vacantes. É dicir, ficarían sen cubrir 634 prazas correspondentes ás xubilacións.

Acrecenta a CIG que a estas vagas producidas por xubilación habería que sumar as prazas que neste momento están creadas e cubertas con profesorado provisorio, o que supón que un amplo colectivo “se vexa obrigado cada ano a cambiar de destino”.

A CIG-Ensino exixe que saian a concurso todas as vagas que neste momento está creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo, nomeadamente na provincia da Coruña e Pontevedra, única maneira de estabilizar os cadros de persoal dos centros, de facilitar o desenvolvemento de diferentes programas e de mellorar a calidade do ensino.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s