Montse Prado (BNG) cualifica de ‘fraude democrática’ a prórroga de ENCE

Prado

GALIZA | Denuncia a conexión con cargos do PP como o ex-Conselleiro, Carlos del Álamo e a ex-Ministra, Isabel Tocino, membros do Consello de Administración da empresa.

A deputada do BNG, Montse Prado formulou unha pregunta na comisión de Ordenación do Territorio relativa á prorroga concedida a ENCE por 60 anos polo Goberno en funcións do Partido Popular.

Na intervención, a parlamentaria cualificou de “fraude democrática” a decisión de prorrogar a permanencia de ENCE na ría e lembrou que o pasado 19 de xaneiro “miles de persoas manifestáronse en contra desta decisión e demandando a retirada da pasteira”. Son máis de 50 anos de ENCE en Pontevedra por mor dunha decisión adoptada durante a ditadura franquista que castigou duramente os veciños que naquela ocasións tamén rexeitaron a medida.

ENCE, reiterou a nacionalista, “estraga a ría de Pontevedra e leva consigo un modelo forestal destinado a converter Galiza nun eucaliptal”. Agora, o Goberno do Partido Popular, en funcións, prorroga 60 anos máis ENCE nunha decisión que “só beneficia a empresa” cando a concesión caducaba no ano 2018 e, para alén do máis,  a Xunta continúa ofrecéndolle presentes como a rebaixa de taxas por utilizar o peirao de Ribadeo.

A nacionalista reiterou que a prorroga “é unha cacicada” e representa “un roubo directo da calidade de vida d@s cidadáns e cidadás de Pontevedra”. Salientou que o PP non tivo rubor en mudar a lei de Costas para favorecer a permanencia de ENCE e mesmo unha Lei de solo que tamén a protexe.

Montse Prado denunciou tamén que a decisión é consecuencia da fala de vontade política de que a Galiza decida. “A Xunta ten competencias plenas na Ordenación do Territorio pero vostedes non as exercen porque non queren, concluíu.

LER MÁIS na WEB DO BNG

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s