A Mesa convídanos a nos asociarmos ao galego

MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

LINGUA | Lanza unha campaña de novas adhesións sob os rótulos #EnGalegoSempreGañas e #AsóciateaoGalego. O elemento base é un vídeo cunha corrida de revezamentos que quere simbolizar o compromiso partillado coa lingua.

A Mesa busca captar novos apoios co obxectivo de poder manter as actividades en prol da normalización que xa desenvolve e acrecentar outras novas. Salienta que o labor que realiza a que é definida como ‘a asociación do galego’ é posíbel grazas ás socias e socios, pois é ese apoio permanente o que lle permite contar con recursos materiais e  humanos en que destaca o traballo voluntario de moita xente.

A asociación que preside Marcos Maceiras salienta as numerosas iniciativas desenvolvidas ou en andamento, todas elas co obxectivo de fomentar o uso e a plena normalización da nosa lingua. Entre elas, a  Liña do galego, o proxecto Abertos ao Galego, dirixido a empresas e comercios que manteñen o galego como lingua normal de relación coas súas clientas e usuarios, o primeiro Abecedario feito en galego ou o libro das Aves dentro dunha colección didáctica que aspira a facer unha pequena achega aos materiais didácticos en galego para a educación infantil de que por desgraza aínda non dispón 67% dos centros de infantil da Galiza.

Destacan tamén o lanzamento de diversos materiais audiovisuais de fomento da lingua.  O vídeo 10 pasos para revitalizarmos o galego, que conseguiu un forte impacto nas redes sociais; En galego, festa rachada para reivindicar as nosas festas en galego; Parabéns para ti, o primeiro vídeo de difusión dunha música para os aniversarios das nosas crianzas, ou Queremos atención en galego, queremos traballo aquí.

A Mesa sinala aínda os informe sobre a situación da lingua, as campañas para a galeguización de servizos básicos como todos os relacionados coa atención ao público por parte de administracións e empresas,  o xornal bimestral Somos Galego realizado en parcería con Sermos Galiza, onde se poden seguir as principais novas relacionadas coa lingua ou o impulso de acordos entre a maior parte das forzas políticas galegas, como a Declaración de Unidade a prol da Normalización da lingua galega coa pretensión de que sexa un punto común para pór en práctica acción reais de recuperación e reposición do noso idioma.

No entanto, A Mesa enfatiza que todo ese labor non é suficiente, e que precisa de ‘máis apoio para mellorarmos e ampliarmos todo este traballo que cómpre facer máis participativo’. Por iso, apela ‘a que difundas as nosas accións e actividades, a que nos fagas chegar as túas suxestións e opinións, e a que animes as túas amizades a facérense socias e socios‘.

LER MÁIS na WEB DA MESA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s