Galiza Nova exixe expulsión da USC de profesor machista

sociais_economicas_interior1_0.jpg

DEREITOS | O profesor da Faculdade de Económicas, Luciano Méndez, foi denunciado por seis alumn@s por comportamento machista e vexatorio con unha alumna. El propio recoñeceu os feitos.

Galiza Nova denuncia a agresión machista que sufriu na segunda feira, 15 de febreiro, unha alumna da USC por parte do profesor Luciano Méndez Naya e exixe a súa expulsión da Universidade. Todo ocorreu nunha aula cando o profesor se dirixiu a alumna con frases como: “xa che dixen o primeiro día que me desconcentraba o teu escote”, “con ese escote, poste na última fila”, “empéñaste en traer escote até o embigo”. Cando parte do alumnado se solidarizou coa compañeira e decidiu abandonar a aula, o profesor ameazou a alumna: “se fose machista pegábache unha hostia”.

Así o recolle a denuncia presentada diante da Reitoría da Universidade e así foi recoñecido polo profesor denunciado nun comunicado público en que, para alén do máis, se reafirma nos comentarios e acrecenta outros do mesmo teor.

Galiza Nova defende que un profesor con este comportamento sexista non pode dar aulas na universidade pública porque non é capaz de educar en valores baseados na igualdade e no respecto. Entende a organización xuvenil nacionalista que a educación patriarcal e machista que se aprecia neste tipo de profesores é un dos factores que perpetúan a desigualdade na nosa sociedade e por iso aposta na coeducación como mecanismo para construír un futuro de plena igualdade.

Subliña Galiza Nova que este non foi un caso isolado pois  esta mesma semana aconteceu a imputación de 3 estudantes da USC por un escracho ao profesor Domingo Neira por comentarios homófobos na aula.

LER MÁIS na WEB DE GALIZA NOVA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s