Ana Pontón será candidata a nova Portavoz Nacional do BNG

ana.JPG

GALIZA | O Consello Nacional do BNG aprobou a proposta de candidatura a presentar na XV Asemblea Nacional. Ana Pontón, actual vice-portavoz do BNG no Parlamento da Galiza encabeza a listaxe dunha dirección moi renovada.

Ana Pontón é unha das caras novas do BNG que visibiliza a renovación e simboliza ben a vontade da organización nacionalista de iniciar unha nova etapa que procura a recuperación política e electoral. Con todo, Pontón ten xa unha dilatada experiencia política: entrou a militar en Galiza Nova en 1994 e entre 2000 e 2004 fixo parte da dirección da organización xuvenil nacionalista; incorporouse ao Parlamento da Galiza en 2004; re-eleita nos tres seguintes procesos eleitorais, veu exercendo nos últimos catro anos como vice-portavoz parlamentar; fixo parte da Executiva Nacional do BNG en períodos anteriores e era, na actualidade, membro do Consello Nacional.

Embora a candidatura aínda non foi feita pública, sábese que a proposta da nova Executiva Nacional, encarregada de lanzar o proceso de refundación do BNG, implicará un alto grao de renovación, probabelmente de perto dun 70% das persoas que a integrarán. Tamén o novo Consello Nacional se verá substancialmente remozado, segundo informacións da frente nacionalista.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s