CIG-Ensino e AS-PG organizan xornada sobre identidade sexual, homofobia e violencia de xénero

XÉNERO

DEREITOS | O encontro decorrerá no sábado, 5 de marzo, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela e nel participarán expertas e activistas dos dereitos das mulleres e LGTBi .

Na XIII edición das Xornadas da Muller, que organizan conxuntamente CIG-Ensino e AS-PG, o tema de debate vai ser a identidade sexual e a violencia homófoba e de xénero. O encontro parte da convicción de que a escola ten a responsabilidade de cuestionar roles e estereotipos tradicionais para fomentar un pensamento crítico, transformador de valores caducos e inxustos.

Na xornada participarán diversas expertas e activistas. Marta Rodríguez Engroba, presidenta da Asociación lucense contra a violencia de xénero Si, hai saída,  presentará propostas para identificar, previr e saír de situacións de maos tratos. Cristina Palacios, presidenta da Asociación ARELA, explicará por que, embora a educación afectivo-sexual fose introducida a nivel formal no sistema educativo nas últimas décadas, a realidade e a diversidade sexual aínda é descoñecida para a maioría e un reto para a escola.

Pola súa parte, Ianire Estébanez, psicóloga e experta en violencia de xénero, parte da constatación de que a desigualdade e a violencia de xénero está actualizándose entre as  xeracións máis novas a golpe de click, en comportamentos sutís, disfrazados e virtualizados, mais co mesmo fondo sexista. En consecuencia, analizará cómo se está relacionando afectiva e sexualmente a xente nova, qué desigualdades se aprecian nas súas relacións para procurar entender a ciber-violencia e o ciber-acoso cunha perspectiva de xénero.

Marián Moreno Llánez, asesora e formadora en temas de coeducación, defenderá que a educación para a igualdade é a base para previr a violencia contra as mulleres e contra as persoas LGTB. Na súa perspectiva, só recoñecendo a necesidade e a importancia da coeducación poderemos dotarnos de recursos para levar á aula. Esta intervención pretende, propor estratexias concretas para traballar a igualdade e o respecto á diversidade sexual nas aulas, todas elas baseadas na experiencia profesional da relatora.

Por último, Iria Veiga, Médica-Psiquiatra, aborda a análise da idea do amor romántico, o seu desenvolvemento histórico e a súa relación cos roles e a violencia de xénero. Farao desde a perspectiva da psicoloxía cognitivo-condutual, identificando ideas irracionais e conceptos que a soportan e a perpetúan, como estrutura que forma parte do sistema de opresión heteropatriarcal sobre as mulleres.

MÁIS INFORMACIÓN:

WEB DA AS-PG

WEB DA CIG-ENSINO

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s