As forzas políticas apoian acordo pola lingua, sen presenza de PP, Ciudadanos e Podemos

eugalego

LINGUA | A Mesa promoveu unha reunión, en que participaron 11 organizacións políticas, para defender conxuntamente a proposta de derrogación do ‘Decreto de Plurilingüísmo’ e de dar cumprimento á Carta Europea das Linguas.

No mes de xaneiro o Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas instou os Gobernos da Xunta e do Estado a disporen os medios para garantir o cumprimento da Carta en todos os aspectos e, dun modo especial no ámbito do ensino, sinalando que os obxectivos do mal chamado Decreto de Plurilingüísmo entran en contradición e incumpren o previsto na Carta.

Na altura Marcos Maceira, presidente da Mesa, expresou “a vergoña que sentimos por un informe tan rotundo como este, que só se pode combater ampliando a acción nacional e internacional, que a Mesa realizou en 2015, para que 2016 sexa o último ano dun decreto infame”.

Para avanzar nese obxectivo, a Mesa convocou as organizacións políticas na segunda feira, 15 de febreiro, en Compostela. Asistiron nove e dúas (Alternativa dos Veciños e Terra Galega) enviaron a adhesión. A excepción foron Partido Popular -que xa non asinara en xullo de 2015 a Declaración de Unidade en prol da normalización da lingua-, Ciudadanos e Podemos. Esta última formación non explicou as razóns da súa ausencia aínda que, posteriormente, fontes da Xestora comunicaron aos medios que concordaban coa proposta.

As forzas políticas con representación municipal e parlamentar impulsarán unha moción que pretende “facer visíbel na Galiza e no mundo que somos maioría quen queremos poder exercer con total liberdade o dereito a vivirmos na nosa lingua, e que o pobo galego tamén quere que o seu goberno cumpra cos acordos tomados colectivamente e ratificados a nivel internacional como Carta Europea das Linguas”.

LER MÁIS na WEB DA MESA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s